Espazo protexido
Reserva da biosfera Área de Allariz
Allariz · Ourense · 2005
Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes á provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.
Xeografía
A reserva da biosfera está formada por unha ampla depresión morfotectónica semiendorreica de fondo plano, cunha altitude media de 600 m, por onde discorre o río Limia, e rodeada dun rebordo montañoso do que destaca na súa parte Norte o macizo granítico de Allariz, por onde discorre encaixado o río Arnoia. O rango altitudinal abranguido oscila entre os 425 e os 927 m. O sitio ten unha grande importancia bioxeográfica, pois é un territorio fronteirizo entre as dúas grandes rexións cronolóxicas que existen na Península Ibérica, como son o mundo Mediterráneo e o Eurosiberiano.
Demografía
A poboación non chega aos 10.000 habitantes. Está altamente concienciada respecto a un modelo de desenvolvemento sostible impulsado dende hai máis de 15 anos na Reserva e que elevou substancialmente o seu nivel de vida, e supuxo un importante elemento de ordenación territorial dende hai tempo.
Flora e fauna
A riqueza e variedade de hábitats que se atopan no territorio permite a existencia dunha alta diversidade faunística, con especies vulnerables ou en perigo de extinción en Galicia. Nesta zona predomina o bosque plano caducifolio de zonas mornas con mosaico de prados e canles de auga, e unha longa historia de presenza humana con transición cara a ecosistemas mediterráneos. Na Reserva existen paisaxes sobresaíntes, multitude de sitios arqueolóxicos romanos e prerromanos, con zonas de montañas de baixa altitude arborizadas e zonas húmidas (Lagoa de Antela) de grande importancia. Entre a fauna de vertebrados cabe destacar o lobo, a londra, poboacións de aves acuáticas de importancia e un alto índice de formas, sobre todo de anfibios, que constitúen endemismos ibéricos.
Zonificación
A zonificación da reserva levouse a cabo a partir de dunha coidadosa análise que tivo en conta a investigación científica, a opinión da poboación, as cuestións socioeconómicas, a lexislación vixente, requirimentos do Programa o Home e a Biosfera e outra serie de cuestións pertinentes. Deste xeito establecéronse tres tipos de zonas: Núcleo, Tampón e de Transición.
Núcleo
Constitúe o 0,7% da reserva, o que son unhas 149,2 has, compostas por aqueles lugares nos que é posible atopar ecosistemas naturais menos alterados e cun maior grao de conservación.
Allariz
O Briñal ou Escadas: 13 Has dun tramo ben conservado da vexetación de ribeira do río Arnoia. O Canelar: 63 Has na confluencia dos regatos de Fontes e do Canelar. O Foxo Vello: Zona ás beiras dun regato, que ocupa 1 Ha.
Rairiz de Veiga
Veigas de Ponteliñares: 51 Has. Reduto da paisaxe anterior ao desecamento da Lagoa de Antela. A Carballa da Saínza, cunha extensión de 1 Ha, acolle un exemplar de carballo con nome propio, “A carballa da Saínza” ou “da Rocha”. Foi declarada monumento natural. Castro de Castrelo, Rairiz de Veiga: 8 Has. Área de interese patrimonial. Castro de San Miguel, de 3.5 Has. Área de especial interese patrimonial alén de ser un magnífico observatorio das Veigas de Ponteliñares.
Vilar de Santos
O Ruxidoiro: 7.7 Has. Concentración de enterramentos prehistóricos e ecosistemas de bosque autóctono ben conservado constituídos por carballos centenarios. === Tampón ===…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Reserva da biosfera
Extensión 2,1 ha
Altitude do punto ≈ 465 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Allariz, a 116 m
Camiño de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 44 m
No concello viven 6.505 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Allariz (A Barreira)a 220 mAllariz (A Barreira)-As Casas Novas
- ALLARIZa 264 mOurense E.I.-Verín E.A. · Ourense E.I.-Verín E.A. · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Allariz-Ourense E.I. · Allariz-Ourense E.I. · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz
- IES de Allariza 273 mCOEDO-IES DE ALLARIZ · Corvillón (marquesiña)-Allariz · Tosende-Allariz · Coedo-IES de Allariz · Corvillón (marquesiña)-Allariz · Tosende-Allariz
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Ecoespazo do RexoPraza e alameda
Santuario de Santa María de Vilar de FloresSantuarioIgrexa de Santiago de AllarizIgrexa
Museo Galego do XogueteMuseo
Villa de AllarizConxunto históricoConvento de Santa Clara de AllarizConvento
Casa museo de Vicente RiscoCasa museo
Biblioteca de la Fundación Vicente RiscoBiblioteca