Santuario

Santuario da Nosa Señora das Ermidas

Antas · A Lama · Pontevedra · 1893

Santuario da Nosa Señora das Ermidas, santuario en A Lama

Foto: Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

foto de Commons, emparellada polo nome

O Santuario da Nosa Señora das Ermidas é un santuario católico situado no lugar da Fonte Santa, no monte do Ceo, na parroquia de Antas, no concello da Lama. Atópase na serra do Suído, a uns 640 metros de altitude, nun espazo de elevado valor paisaxístico.

Historia

Segundo a tradición popular, a orixe do santuario está relacionada co achado dunha imaxe pétrea da Virxe no lugar coñecido como As Sete Fontes. A tradición relata que as parroquias de Antas e Xende disputaron a posesión da imaxe, que aparecía repetidamente no lugar onde fora atopada, motivo polo que finalmente se decidiu construír alí unha capela. As orixes documentais do santuario son pouco coñecidas, aínda que a tradición oral distingue unha primeira etapa sen documentación escrita, seguida da construción dunha primeira capela e dunha posterior ampliación que deu lugar ao edificio actual.

Romaría

O santuario constitúe un dos principais centros de devoción mariana do concello da Lama. Cada ano celébrase unha romaría na honra da Nosa Señora das Ermidas, que reúne fieis procedentes dos concellos da contorna e que se desenvolve no campo da feira situado xunto ao templo.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Dedicado a Nosa Señora

Autoría Xosé Cerviño García

Altitude do punto ≈ 627 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ponte Caldelas, a 8,5 km

No concello viven 2.451 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar