Santuario

Santuario da Nosa Señora das Ermidas

As Ermidas · O Bolo · Ourense

Santuario da Nosa Señora das Ermidas, santuario en O Bolo

Foto: Ramon Piñeiro · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas é un templo relixioso de arquitectura barroca situado na parroquia das Ermidas (O Bolo) e pertence eclesiasticamente á diocese de Astorga. Está declarado Ben de Interese Cultural. A súa arquitectura resalta ao asentarse no reborde dunha rochosa e empinada montaña. Atópase nunha profunda garganta do río Bibei, nunha localización privilexiada pola beleza da súa paisaxe.

Arquitectura

A fachada do Santuario foi edificada entre 1713 e 1726 por Juan Martínez Pita; pouco posterior a ela é o Vía Crucis construído en 1730 e composto por 14 capelas que contiñan 62 estatuas. O exterior dos fornelos preséntase moi sinxelo, pola contra o interior está decorado con esculturas que representan a Paixón de Cristo, seguindo o modelo do Bom Jesus do Monte de Braga edificado en 1723. E como para o Sacro Monte portugués algunhas capelas foron asociadas a unhas fontes. Trátase de obras figurativas únicas no seu xénero, non só en Galicia, porque a idea de reproducir "de verdade" as estacións da Paixón de Cristo expresouse en España maiormente nos grupos de estatuas que se sacan en procesión con ocasión da Semana Santa.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Dedicado a Santa María

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 520 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Pobra de Trives, a 11 km

No concello viven 784 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar