Igrexa
Santuario de Santa María a Real do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro · Lugo

O Santuario de Santa María a Real do Cebreiro é un templo católico situado na parroquia do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) na comarca dos Ancares.
Historia
Foi fundada polo Conde de Aurillac, e inicialmente formaba parte dun mosteiro. É un dos monumentos máis antigos da vía francesa do Camiño de Santiago, atribuíndoselle unións á lenda do Santo Graal. Esta relación aparece reflectida no escudo de Galicia.
Arquitectura
A igrexa é de estilo prerrománico, e ten a súa orixe no século IX. Ten nave rectangular, cuberta a dúas augas e cuberta de tella. A fachada non é a orixinal, senón que foi reconstruída posteriormente. Está formada por tres naves separadas por piares e rematada en tripla cabeceira. Entre o patrimonio moble do templo, está unha pía bautismal de inmersión do século XVIII, un cáliz do século XII, a patena e unhas ampolas de cristal de rocha bañadas en prata doadas por Isabel a Católica na súa visita en 1486.
Lenda
Hai diversas tradicións orais relativas ao templo. Ao parecer, antigamente os monxes do mosteiro facían soar a campá para orientar os peregrinos nos días de néboa. Outra lenda relata un milagre: un veciño ía sempre a misa, xa chovese, tronase ou nevase, e o sacerdote ríase del, até que un día, ao recibir a eucaristía, o pan e o viño convertéronse en carne e sangue de verdade. A mesma tradición di que os dous sepulcros antropomorfos do templo son os do sacerdote e o campesiño.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Pedrafita do Cebreiro (Casa Carolo)a 82 mCPI Uxío Novoneira-Louzarela I · CPI Uxío Novoneira-Louzarela I
- O Cebreiroa 118 mSARRIA E.A.-PEDRAFITA DO CEBREIRO · Sarria E.A.-Pedrafita do Cebreiro · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Seoane do Courel-Pedrafita do Cebreiro · Seoane do Courel-Pedrafita do Cebreiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.