Fervenza

Seimeira de Vilagocende

San Martín de Suarna · A Fonsagrada · Lugo

Seimeira de Vilagocende, fervenza en A Fonsagrada

Foto: Lala Lugo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A seimeira de Vilagocende é unha fervenza de caída libre no río da Porteliña, preto do lugar de Vilagocende, entre as parroquias de San Martín de Suarna e Cereixido (A Fonsagrada). Trátase dunha das fervenzas de maior caída das que hai en Galiza, cuns 50 metros de altitude.

Situación

O río da Porteliña está na serra de Liñares. O curso fluvial envorca no río Lamas, que á súa vez desemboca no río Navia. O lugar está habilitado para as visitas, contando cunha pontella para chegar á base da fervenza. Ademais, na parte superior hai un miradoiro dende onde se olla perfectamente a freixa. Pola seimeira de Vilagocende atravesa polo menos unha ruta de sendeirismo.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altura 54 m

Altitude do punto ≈ 554 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Fonsagrada, a 3,9 km

No concello viven 3.082 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar