Monte e serra

Serra da Martiñá

San Cristovo de Cea · Ourense

Serra da Martiñá

A serra da Martiñá é unha pequena serra encadrada na dorsal galega, moi preto da serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Xeoloxicamente está conformada principalmente por granitos. As importantes diferenzas de altitude favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas e turbeiras nos cumios. O punto de maior altitude é o monte Martiñá (tamén coñecido como O Castro), con 1042 metros sobre o nivel do mar. == A Martiñá na cultura popular == A serra da Martiñá aparece mencionada en catro ocasións no poemario de Ramón Otero Pedrayo Bocarribeira: Na terceira estrofa, nunha mostra de hilozoísmo, o vieiro pregúntalle á nabeira: ¿De onde ves, meu vello? Veño do Ribeiro... E cara onde vas? Vou prá Martiñá... Estrofa 11: Achega lume ó Paraño! -fala o Avión á Martiñá- que prá bica do poente hei de acender de mañá. Estrofa 15: Pousou nos soutos da Torre o vento da Martiñá. Estrofa 43: Neve, nevisca, neviña folerpa da Martiñá. == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar