Monte e serra

Serra do Candán

Millerada · Forcarei · Pontevedra · 2004

Serra do Candán, monte e serra en Forcarei

Foto: FreeCat / José Antonio Gil Martínez from Vigo, Galicia · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).

Características

A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura. Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza dos seus ecosistemas, que varían desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos, ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo. A comezos do século XXI instalouse na serra un parque eólico.

Outros artigos

Río Lérez

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Espazo natural protexido · Zona de especial conservación

Extensión 1,1 ha

Altitude do punto ≈ 999 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Forcarei, a 7,1 km

No concello viven 3.065 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar