Monte e serra
Serra do Eixo
A Veiga · Ourense

A serra do Eixe ou serra do Eixo é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca. == Características == Nela atópanse as alturas máis elevadas de Galicia: Pena Trevinca con 2127 m, Pena Negra con 2121 m, e Pena Surbia con 2116 m de altitude. Separa as concas do río Xares e do río Sil. Dun extraordinario interese natural, nela está O Teixedal, espazo único en Europa e vales glaciares. A aldea de Xares é dun gran valor arquitectónico e etnográfico e padece un lamentable abandono. Parte da Serra está incluída como lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000. Encóntrase moi danada por explotacións de lousa e ameazada pola construción de parques eólicos. Limita cun parque natural de Seabra da provincia de Zamora pero a Xunta de Galicia carece dun proxecto de creación dun parque similar no territorio galego. Porén os seus atractivos propiciaron investimentos en turismo rural e de natureza e a declaración da Veiga como municipio turístico de Galicia. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. Edicións A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1 === Ligazóns externas === Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: información básica Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine., aves Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. e loxística Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗