Monte e serra
Serra do Oribio
San Xil de Carballo · Samos · Lugo · 1 m
Foto: Lynx7777 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara. A serra está conformada por pelitas.[Cómpre clarificar] Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara. Está incluída como espazo natural na zona especial de conservación dos Ancares-Courel. O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1 447 metros sobre o nivel do mar.
Historia
A serra está atravesada polo antigo Camiño Real do Oribio de orixe prerromana, e que posteriormente foi denominado Camiño de Castela que, como o seu nome indica, era o camiño que comunicaba ámbolos reinos. As referencias ao Camiño Real de Oribio aparecen en numerosos documentos gardados no Mosteiro de Samos e no Pazo de Perros, Calvor (Sarria).
Cultura
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Serra
Paredes Lutita
Altitude 1 m
Vila máis próxima Sarria, a 11,5 km
Camiño de Santiago Camino Francés, a 903 m
No concello viven 1.162 (2025) · IGE