Árbore senlleira

Teixedal de Casaio

Casaio · Carballeda de Valdeorras · Ourense

Teixedal de Casaio, árbore senlleira en Carballeda de Valdeorras

Foto: Sethfromsomewhere · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso que se salvou das explotacións de lousa. É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 400 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos. Desde 2007 está catalogado como Formación singular, co número 19, dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia..

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Bosque · árbores senlleiras de Galicia

Altitude do punto ≈ 1.479 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Barco, a 20,5 km

No concello viven 1.345 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar