Castelo
Torre de Caldaloba
Pino · Cospeito · Lugo
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A torre de Caldaloba, tamén coñecida como castelo de Vilaxoán, é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia de Pino, no concello de Cospeito.
Características
Érguese nunha zona da Terra Chá coñecida como A Balura, sobre o outeiro de Coto de Mato, que domina a pasaxe natural que comunica a comarca de Vilalba cos ríos Támoga e Miño, aproveitando un gran castro con catro grandes fosos. Na torre, resisitron durante 11 meses Costanza de Castro e mailo seu marido Fernán Ares de Saavedra o sitio de Diego López de Haro. A uns centos de metros está o pazo de Caldaloba, fundado en 1621 por Rodrigo Díaz Sanjurjo y Montenegro. Diante da deterioración da estrutura da torre, a Deputación de Lugo anunciou en xullo de 2022, a compra da parcela na que se sitúa a parte mellor conservada da fortaleza e a intención de acadar a propiedade completa.
Galería de imaxes
Outros artigos
Castelos de Galicia Certame de poesía Torre de Caldaloba
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Monumento
Protección Ben de Interese Cultural · Elemento da Lista Vermella do Patrimonio
Altitude do punto ≈ 459 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vilalba, a 9,2 km
No concello viven 4.188 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Infesta 9a 878 mA Feira do Monte-O Toiral (cruzamento) · A Feira do Monte-O Toiral (cruzamento)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
.jpg?width=400)


