Castelo
Torre de Fírbeda
Porqueira · Ourense
Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Torre de Fírbeda, tamén coñecida como Torre da Forxa ou Torre de Porqueira, son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García II de Galicia.
Historia
No ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira. Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla. Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares.
Descrición
O castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares. Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos. Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais. Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas.
Situación patrimonial
Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español. Posteriormente pasou a ter a declaración de Ben de Interese Cultural. Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Fortificación defensiva
Paredes Pedra
Tamén chamado Torre de Porqueira · Torre da Fírveda
Protección Ben de Interese Cultural
No catálogo RI-51-0008956
Altitude do punto ≈ 675 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Bande, a 10,6 km
No concello viven 806 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Forxaa 608 mLobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A.
- Forxaa 608 mLobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A.
- FONTEMOURAa 677 mPARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · PARADELA-XINZO DE LIMIA E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Veiga de PonteliñaresEspazo protexido
Ponte LiñaresPonte histórica
Igrexa de San Martiño de CastelausIgrexa
Igrexa de Santa María de VilaIgrexa
Igrexa de San Xoán de Paradela de AbeledaIgrexaIgrexa de Santa María de PorqueiraIgrexa
Igrexa de San Salvador de SabucedoIgrexa
Igrexa de San Lourenzo de AbeledaIgrexa