Torre

Torre de Guimarei

Guimarei · A Estrada · Pontevedra

Torre de Guimarei, torre en A Estrada

Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Torre de Guimarei é unha torre do século XII, situada en Guimarei (A Estrada). Ten dez metros de altura. O seu primeiro propietario foi Vilar de Payo Muñiz. Foi utilizada nas guerras irmandiñas, e no século XVII foille engadido un pazo anexo, actualmente en ruínas. Pertenceu tamén a Antonio de Mosquera Nóvoa.

Arquitectura

É un conxunto arquitectónico de torre e pazo. A torre é de planta cadrada baixa, de dez metros de altura. Está feita con perpiaños de granito e asentada nun saínte de cinco metros de alto. Orixinalmente tiña ameas e teitos abovedados. Na parte superior de cada ángulo hai un canón a modo de gárgola. A porta, dun metro e medio está situada no lado leste e o seu arco, de medio punto, está formado por grandes doelas. Nos lados leste e sur hai unhas pequenas ventás na parte superior. Na parte superior da porta principal aparece o escudo da familia Villar. O recinto está amurallado e a entrada ten un arco oxival. Era unha vivenda con carácter defensivo. Este pazo está composto por unha soa planta que se divide en tres corpos, un grande no centro e dúas ás situadas nos extremos. O pazo alcanza os trinta e catro metros de lonxitude e vinte e seis de ancho (dez metros do corpo central e dezaseis metros das dúas ás). No interior da construción pódese distinguir as cociñas, os servizos e os cuartos. Por outra parte podemos atopar unha parte dedicada ao gando e algunhas pequenas construcións como o palleiro. O escudo de armas do pazo está situado encima da porta principal, enmarcado cun lintel semicircular. Este símbolo contén o nome de Villar dúas veces e elementos de catro familias nobres, a familia Villar (representada por tres bandas), a familia Sarmiento (tres roeis), e a familia dos Mosquera (cinco cabezas de lobo) e a familia Aranda (unha cabeza de león).

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Torre fortificada · Pazo

Protección Elemento da Lista Vermella do Patrimonio

Altitude do punto ≈ 251 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Estrada, a 1,3 km

Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 131 m

No concello viven 20.101 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar