Torre
Torre de Milmanda
O Alcázar de Milmanda · Celanova · Ourense
Aínda non hai foto de Torre de Milmanda
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.13322|-8.02238}}
A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.
Historia
O que na actualidade se configura como a torre-igrexa de Milmanda son os restos dun dos castelos máis importantes da historia de Galiza. Xa no século X aparece documentada a súa existencia, vinculado ao mosteiro de San Salvador de Celanova. No século XII pasou a pertencer á Coroa polas guerras que tiveron como resultado a creación do Reino de Portugal, e por esta causa debeu ser obxecto de importantes reformas e ampliacións. A finais dese mesmo século o rei Afonso IX de León concedeu á vila foro de reguengo, e promoveu a repoboación da zona con xentes procedentes de Celanova. Estas disposicións de repoboación foron confirmadas xa no século XIII por Fernando III de León e Castela. Novos privilexios reais chegaron despois, como a exención de portaxes concedida aos veciños por Afonso X, ou a confirmación do foro por parte de Sancho IV de Castela. O castelo foi palco dos enfrontamentos entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Tras falecer Pedro en Montiel a maior parte da nobreza galega recoñeceu como sucesor a Fernando I de Portugal, xenro de Pedro I, o cal estableceu a súa corte neste castelo e realizou unha campaña de ocupación de moitas vilas e cidades do país galego. Tras rematar a guerra, Henrique II confiscou a fortificación de Milmanda, pasando en 1383, a depender directamente da coroa até 1446 cando foi cedido por Xoán II de Castela en señorío ao conde de Benavente xunto co resto da comarca. Durante a Gran Guerra Irmandiña foi derrubado polos sublevados. Afogada a revolta os veciños da vila foron obrigados a erguer o castelo de novo. Un dos señores do castelo, o señor de Vilardecãs Francisco Feijoo Sotelo, foi protagonista dun célebre feito: Un fidalgo de Milmanda fora xulgado á forza e condenado na vila portuguesa de Melgaço. O señor de Vilardecãs reuniu 40 homes armados e atacou o cárcere rescatando o condenado. Como resposta a esta provocación, o duque de Bragança xuntou 6.000 homes e, en resposta a este, o conde de Benavente xuntou outros 6.000, comezando deste xeito a guerra entre España e Portugal, que só terminou baixo a condición de que o señor de Vilardecãs deixase o mando do alcázar de Milmanda. O derradeiro nobre que posuíu o castelo foi Suero Eanes de Prada, partidario de Pedro I, que trala morte do monarca partiu a Portugal para non regresar. Conta a lenda que ningunha outra casa da nobreza volveu posuír o castelo.
Características
O castelo posúe dous camiños a modo de adarve a diferentes alturas. O máis alto rodea a vila. Preto do cumio ábrese un gran foso defensivo, na actualidade tapiado no lugar que ocupaba a ponte levadiza. Da cerca consérvanse dous muros, un deles terminado nun torreón. No centro aprécianse os vestixios da torre da homenaxe. A actual igrexa aproveitou unha das torres do castelo como campanario, que se rodea dun recinto de cachotaría como posíbel barbacana. Na cara oeste consérvase unha torre de máis de 6 metros de altura e outra construción próxima. Consérvanse outros elementos defensivos, como restos de camiños fortificados e de fiadas da muralla.
Outros artigos
Castelos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 670 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Celanova, a 5,7 km
No concello viven 5.695 (2025) · IGE
Chegar en bus
- MILMANDAa 51 mCelanova (centro saúde)-Campo Real · Celanova (centro saúde)-Campo Real
- Alcázar de Milmanda (cruzamento OU-0209)a 304 mCelanova (centro saúde)-Moimenta · Celanova (centro saúde)-Moimenta
- Santa Eufemiaa 310 mA Torre-Parada autobuses (Rocarine)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Igrexa de San Mamede de AlbosIgrexa
Igrexa de San Pedro de RamirásIgrexa
Igrexa de San Salvador de PaizásIgrexa
Igrexa de Santiago de RubiásIgrexa
Igrexa de Santa María de Vilameá de RamirásIgrexa
Igrexa de San Xurxo de Acevedo do RíoIgrexa
Igrexa de Santa María de Alcázar de MilmandaIgrexa
Igrexa de Santa Eufemia de MilmandaIgrexa