Castelo
Torres de Mens
Mens · Malpica de Bergantiños · A Coruña
Foto: Jim Anzalone from Escanaba, Michigan, USA · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
As Torres de Mens é un castelo construído no século XV, por Lope Sánchez de Moscoso, despois das revoltas irmandiñas, sobre unha fortaleza anterior, que á súa vez se situaba sobre un antigo castro. O edificio está incluído no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural como monumento de arquitectura militar desde o ano 1994. En 1993 recibiu o premio que outorga Europa Nostra aos monumentos salvados da ruína.
Situación
Atópanse no lugar das Torres na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.
Historia
No século XX foron adquiridas por Pedro Abelenda y Díaz de Andrade, tataravó do actual propietario, Agustín Ordóñez, que foi o encargado da última rehabilitación que as transformou nunha vivenda.
Descrición
O conxunto está formado por unha vivenda e tres torres de planta cadrada que perderon as súas ameas, rodeadas dun recinto circular amurallado. A planta do volume principal ten forma de L, e está rematada por un turrón xirado respecto ó eixe do edificio. Nunha das esquinas do último andar, e apoiada sobre ménsulas de pedra, sobresae unha balconada de madeira. A entrada realízase por un arco oxival situado nunha das torres.
Lenda
Conta a tradición que existía un paso entre as Torres, a Igrexa de Santiago de Mens e a praia de Seiruga. O conde tiña presa no castelo a unha moza do pobo. Os paisanos atacaron o castelo pero o conde, ó verse rodeado, fuxiu polo pasadizo. Os aldeáns entón prendéronlle lume ás tres bocas do túnel impedíndolle deste xeito a fuxida. Tamén se conta que desde entón o millo e o trigo sementado nas proximidades do túnel marelece máis cedo.
Galería de imaxes
Outros artigos
Castelos de Galicia.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Medieval
Que é Fortificación defensiva
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 32 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Malpica, a 5,2 km
Ruta que pasa preto O Camiño dos Faros, a 1,8 km
No concello viven 5.247 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo As Torres de Mens, Mens, 15113
Chegar en bus
- Mensa 100 mCARBALLO E.A.-CORME-MALPICA-LAXE · CARBALLO E.A.-CORISTANCO-CORME PORTO · CARBALLO E.A.-CAMPARA · CARBALLO E.A.-MALPICA-LAXE · IES Eduardo Pondal-As Rabuceiras · IES Eduardo Pondal-As Rabuceiras
- Mensa 100 mCarballo E.A.-Corme-Malpica-Laxe · Carballo E.A.-Campara · Carballo E.A.-Coristanco-Corme Porto · Carballo E.A.-Malpica-Corme Porto · CORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA · CORUÑA E.A.-MALPICA-MUXÍA
- Porto do Fondoa 606 mIES Eduardo Pondal-As Rabuceiras · IES Eduardo Pondal-As Rabuceiras
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
