Monte e serra
Tres Bispos
Donís · Cervantes · Lugo · 1794 m
Foto: Norte · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O Tres Bispos é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1795 metros. Atópase no concello de Cervantes.
Toponimia
Segundo a tradición o nome vén de que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. No lugar hai unha columna (marco) de pedra.
Ascensión
Desde o lugar da Degrada (Cereixedo, Cervantes) chégase nun quilómetro ao refuxio de Ancares. Desde alí, a primeira parte transcorre por unha estrada asfaltada para a continuación gañar altitude pouco a pouco até a campa de Tres Bispos. Unha vez aí, un sendeiro chega ao cume.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Altitude 1794 m
Vila máis próxima Becerreá, a 26,4 km
No concello viven 1.142 (2025) · IGE