Vila romana

Xacemento de Proendos

Proendos · Sober · Lugo

Xacemento de Proendos, vila romana en Sober

Foto: O Breixo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O xacemento de Proendos é un xacemento arqueolóxico na parroquia de Proendos no concello de Sober. Na contorna hai un gran número de exemplos do desenvolvemento histórico da zona, dende petróglifos ata torres da homenaxe da Idade Media, pasando polo que parece ser unha vila romana que tivo actividade dende o século I ata o século IV.

Primeiras escavacións

A primeira campaña de escavacións, en 2022, puxo ao descuberto a totalidade do horreum ou depósito de cereais que foi descuberto no 2020. Composto por 7 muros paralelos de pedra conformaban a base do hórreo de madeira duns 45 metros cadrados. Na contorna do hórreo descubríronse restos doutras construcións, do que puido ser unha vila ou mansión rural romana (posterior ao hórreo que data do século I) dos séculos III e IV. Ademais dalgunhas moedas e cerámica romana con elementos castrexos, atopáronse pezas de lousa con orificios das que inda se descoñece a súa función.

Segunda fase

No 2024 realizouse unha prospección con xeorradar cubrindo unha superficie de 15 000 metros cadrados, localizáronse numerosas estruturas do que puido ser unha vila rural. Destacou unha grande estrutura rectangular cun patio, do que podería ser un perístilo.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Roma Antiga

Que é Edificación

Extensión 45 m²

Altitude do punto ≈ 470 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Monforte de Lemos, a 9,9 km

No concello viven 2.088 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar