Xacemento arqueolóxico
Xacemento romano de Caldoval
Mugardos · A Coruña

O xacemento romano de Caldoval é un asentamento de orixe romana situado en Mugardos, a carón da ría de Ferrol. Permaneceu habitado entre os séculos I-II a V-VI, e escavouse e estudouse de 2002 a 2006 antes do seu traslado desde Punta Promontorio, onde se construíu Reganosa. == Descrición == Descubriuse en 1997. Ten unha superficie duns mil metros cadrados, distribuídos en dúas áreas. Está considerada como unha vila romana estando situada ao carón da vila romana de Noville. Nun primeiro estudo atopouse unha estrutura rectangular, duns trinta metros de longo por seis de ancho. Despois localizouse outra edificación, como parte habitacional. O complexo termal conta cunha palestra e un pórtico, únicos en Galicia, un vestiario, unha sala de auga fría, outra de auga temperá e auga quente. A súa actividade principal sería a pesca. Os restos foron trasladados e convertidos nun museo de interpretación deseñado por Alfonso Penela. == Notas == == Ligazóns internas == Caldoval, centro de interpretación Arquivado 03 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- IES de Mugardosa 138 mRedes (cruzamento)-IES de Mugardos · Praza de Galicia-Cruce de Redes-IES Mugardos-Praza de Galicia · Redes (cruzamento)-IES de Mugardos
- Rúa Peteiroa 318 mPraza de Galicia-O Seixo-Pontedeume · Praza de Galicia-Ares-Chanteiro-Mugardos-Praza de Galicia · Praza de Galicia-O Seixo-Pontedeume
- Mugardosa 487 mPraza de Galicia-O Seixo-Pontedeume · Praza de Galicia-Ares-Chanteiro-Mugardos-Praza de Galicia · Praza de Galicia-O Seixo-Pontedeume
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.