Pazo
A Casa da Fonte
Pantón · Lugo

A Casa da Fonte é unha construción civil situada na parroquia de Ferreira de Pantón, próximo ó lugar da Vila do Mato a medio camiño entre Basillao e a igrexa parroquial. == Arquitectura == A casa posúe unha planta en forma de escuadro. Polo exterior, na contra da fachada norte ten unha porta e fiestras no piso. Na fachada do leste ten unha porta nos baixos, e arriba máis fiestras, unha delas con montante. A á oeste, está adicada ás dependencias do gando e ós servizos agrícolas. O ángulo da escuadra é ocupado por un patio, que serve de acceso a unha especie de solaina por medio dunha escalinata que dá acceso á planta principal. Pecha o patio un portón cun arco de granito. Na casa atópase un pombal con forma de torre, de forma cadrada, cunha fiestra a media altura e con porteliñas para a saída das pombas. A adega da casa da Fonte atópase na entrada do camiño que leva á casa. Foi construída no ano 1756, como reza unha inscrición da porta. É unha adega que tivo moita importancia na contorna, e nela traballaban xentes da aldea próxima de Basillao. Seguiu traballando até mediados do século XX. Diante dela tiña dous castiñeiros centenarios, que daban moitas castañas que as xentes da casa e de Basillao consumían, e tras a adega tiña dúas sobreiras para facelas cortizas. Ademais ó carón da adega había unha corte para o gando. == Galería == == Notas ==
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- A Vila do Soutoa 694 mFerreira de Pantón (enlace)-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne (enlace) · CEIP Monte Baliño-Paderne · Ferreira de Pantón (enlace)-Paderne
- Feria-Frontón (cruzamento)a 757 mMonforte E.A.-Currelos · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Vilabus (garaxe)-Currelos · Ferreira de Pantón (enlace)-Frontón · CEIP Monte Baliño-A Piuca (cruzamento)
- Peares (cruzamento)a 769 mMonforte E.A.-Currelos · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Vilabus (garaxe)-Currelos · CEIP Monte Baliño-Vilabus (garaxe) · IES A Pinguela-Currelos
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.