Praia
A Fonte
Alcabre · Vigo · Pontevedra
Foto: mmmmngai@rogers.com · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Areal em Alcabre, Vigo, a 5 m de altitude, a 2,1 km do Caminho Português da Costa.
A praia do Tombo do Gato, tamén coñecida como praia da Fonte ou praia do Pincho do Gato, é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia semiurbana cunha extensión de 150 metros e que conta coa distinción da Bandeira Azul.
Localización e acceso
A praia sitúase na parroquia viguesa de Alcabre e fica ao norte da praia de Samil. Pode chegarse a través da avenida de Samil ou ben desde a avenida da Atlántida. As liñas L10, C15A, C15B e 15C de Vitrasa prestan servizo a esta praia. Tamén é posible o acceso peonil a través dun paseo que forma parte do sendeiro azul "Camiño á Beiramar".
Descrición
Trátase dunha praia en forma de media lúa. A súa area é fina e de cor branca con tonalidades brancas. Existen afloramentos rochosos nos extremos da praia e nas zonas mergulladas.
Arte e cultura
A praia do Tombo do Gato é un dos escenarios principais do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer azul, un filme producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas de 2026. Nesta obra, a praia configúrase como espazo da infancia da escritora viguesa Begoña Caamaño.
Outros artigos
Alcabre Praia de Samil
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Praia de area dourada
Comprimento 150 m
Altitude do ponto ≈ 5 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima A Ponte, a 2,4 km
Rota que passa perto Caminho Português da Costa, a 2,1 km
Habitantes do concelho 295.735 (2025) · IGE