Montanha
Altos do Samión
Chandrexa de Queixa · Ourense
Coñécese como Altos do Samión unha pequena serra galega con orientación NE-S localizada entre a serra de San Mamede e a serra do Fial das Corzas, no termo municipal de Chandrexa de Queixa. Nesta serra nacen varios afluentes do río Navea. O cumio de maior altitude é o Penedo de Samión, con 1.348 metros sobre o nivel do mar.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗