Sítio arqueológico

Antigo Mosteiro de San Xoán da Cova

A Ponte Ulla · Vedra · A Coruña

Antigo Mosteiro de San Xoán da Cova, sítio arqueológico en Vedra

Foto: Ramón Gil Rey · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Sítio arqueológico em A Ponte Ulla (Vedra, A Coruña), a 111 m de altitude, a 416 m do Camiño Xabrés.

O mosteiro de San Xoán da Cova foi un mosteiro situado na parroquia da Ponte Ulla (concello de Vedra) aos pés do río Ulla, e moi preto da actual ponte de Gundián.

Historia

Foi levantado na honra de Xoán Bautista entre o último terzo do século IX ou comezos do X. Non se coñece o lugar exacto pero crese que foi construído parcialmente nunha cova. Segundo algunhas fontes o mosteiro tivo que ser restaurado tras as invasións viquingas entre os anos 968 e 970. Un forte temporal acontecido no ano 1574 destruíu o mosteiro ademais de danar seriamente as pontes de Ponte Ulla e Sarandón. Ata o século XIX aínda eran visibles os seus restos, pero a mediados do século XX e coa construción da ponte do Gundián estes restos quedaron sepultados por capas de terra, pedras ou botados ao río. Unha lenda di que unha gran cova conectaba o mosteiro co Pico Sacro, situado varios quilómetros arriba. Do mosteiro consérvase un tombo que tiña función notarial no que se deixaban rexistrados procedementos administrativos. O lugar foi obxecto de estudo no ano 2025 dentro do programa Iohanes in Eremo financiado pola Deputación da Coruña e levado a cabo pola empresa Cado Arqueoloxía co apoio do concello de Vedra e as asociacións Raiceiros e Terras de Compostela. Durante as primeiras investigacións atopáronse máis de trescentos restos de orixe medieval, estruturas e materiais cerámicos, muros somerxidos nas augas do Ulla que poderían ser do mosteiro e incluso unha cova con material prehistórico.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

Altitude do ponto ≈ 111 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Santiago de Compostela, a 16,2 km

Caminho de Santiago Camiño Xabrés, a 416 m

Habitantes do concelho 4.906 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar