Dólmen
Arca da Piosa
Vimianzo · A Coruña

A Arca da Piosa é un dolmen situado no límite das parroquias de Muíño, no concello de Zas, e Baíñas, no concello de Vimianzo. Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación. Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura de Monte Carneo, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011. == Descrición == A cámara é poligonal, con 3,20 metros de lonxitude e consiste en catro esteos e unha tampa; o corredor está orientado cara ao leste, é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura que a que cobre a cámara. A lonxitude total do dolmen é de 8 m, e a mámoa é moi visible. As lousas coas que se construíu son de grandes dimensións, especialmente as tampas. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Lema Suárez, X. M.: Arquitectura megalítica na Costa da Morte (Antas e Mámoas). Santiago de Compostela, Asociación Neria, 1999. Boga Moscoso, Ramón: Dólmenes de Galicia. Arquitectura das grandes pedras. A Coruña, Baía Edicións, 1997. ISBN 8489809137 Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗