Museu

Ateneo Ferrolán

Ferrol · A Coruña

Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán é unha asociación cultural sen ánimo de lucro con sede na cidade de Ferrol, fundada o 24 de marzo de 1879 baixo a denominación de Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol. É unha das institucións culturais privadas máis antigas de Galicia en funcionamento e ten como finalidade promover a cultura, a ciencia, o pensamento, a creación artística e a conservación do patrimonio documental, con especial atención á historia de Ferrol e da súa comarca. Ao longo da súa historia constituíuse como un espazo de encontro para intelectuais, investigadores, artistas e cidadanía, desenvolvendo unha programación continuada de conferencias, exposicións, presentacións de libros, concertos, actividades de divulgación científica e proxectos de recuperación da memoria histórica. Entre os seus principais activos atópanse a Biblioteca-Hemeroteca Ángeles Alvariño, especializada en historia local e galega, e un dos máis importantes proxectos privados de dixitalización documental de Galicia, mediante o que se puxeron en acceso aberto milleiros de publicacións históricas, fotografías e documentos patrimoniais a través de Internet Archive e do directorio estatal Hispana.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Como ir

Telefone +34 981 357970

Ver no mapaLer na WikipédiaSite oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar