Biblioteca
Biblioteca Maravilhas
Lourenzá · Lugo

A Biblioteca Maravilhas é unha biblioteca autoxestionada e centro social con sede na antiga escola de Arroxo (Lourenzá), inaugurada en 2021. Está ligada a figurandorecuerdo(s) edicións.
Características
Abriu as súas portas o 1 de xuño de 2021, a partir dunha idea de Rosa Espiñeira Pan e o seu compañeiro Michel Stassart, nun edificio escolar datado en 1959. Pretende ser un lugar múltiple, tanto polas linguas que integra coma pola igualdade, acubillando paz, alegría, sabedoría, amor, historia. Para iso desenvolve actividades arredor da biblioteca, das artes escénicas á educación, da natureza á terra, aire auga como individualidades, a partir das persoas. O espazo acolle concertos (Ugia Pedreira, 2022), presentacións de libros e charlas (Xesús Alonso Montero, 2023; Bernardo Penabade, Teresa Moure, Manuel Lourenzo e Rosana Murias, 2024; Carlos Taibo, Lucía Ferro, 2025; Cristian F. Caruncho, 2026), cursos (galego para neofalantes, en diversas datas), edicións diversas (Kéltiga, cartas, 2024), mesas redondas (Colapso e mundo rural: reconectar co esencial, 2022), commemoracións (agasallos a Luís Seoane, homenaxe a Fernández del Riego) ou exposicións fotográficas (Palabra e Memoria, 2023). En 2023 engadiuse á decoración do edificio un mural de Edmond Baudoin, escritor e debuxante de banda deseñada. No exterior do edificio está o Arboretum, espazo no que persoas senlleiras plantan árbores para activar o espazo.
Galería de imaxes
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
Altitude do ponto ≈ 233 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Vilanova, a 2,2 km
Caminho de Santiago Camiño do Norte, a 57 m
Habitantes do concelho 2.082 (2025) · IGE
Chegar en bus
- ARROXOa 292 mLugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · A Coruña E.A.-Viveiro E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Lugo E.A.-Ribadeo E.A. · A Coruña E.A.-Ribadeo E.A.
- ARROXOa 328 mSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · A Coruña E.A.-Viveiro E.A. · Lugo E.A.-Ribadeo E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · A Coruña E.A.-Ribadeo E.A.
- VOLTIÑAa 1.1 kmSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · A Coruña E.A.-Viveiro E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Lugo E.A.-Ribadeo E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A. · A Coruña E.A.-Ribadeo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.