Praia

Caldebarcos

San Mamede de Carnota · Carnota · A Coruña

Caldebarcos, praia en Carnota

Foto: asincrono · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Praia espanhola, a 5 m de altitude, a 4,2 km de Carnota.

A praia de Caldebarcos é un pequeno areal situado no litoral do lugar da Gándara de Caldebarcos, na parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota. Está preto da praia de Carnota.

Características

É unha praia rústica na desembocadura do río Valdebois xunto a unha zona húmida protexida como espazo natural. Nunha contorna semiurbana, constitúe o areal máis setentrional do municipio. Presenta as mesmas características físicas que as próximas de Carnota e Lariño. Posúe condicións excepcionais para a práctica de deportes náuticos como o surf ou o wíndsurf debido aos frecuentes ventos e brisas costeiras. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas medias. O conxunto formado polas marismas, a praia e a zona intermareal constitúe un espazo natural de gran valor ecolóxico. A praia de Caldebarcos conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, moi próxima, é fácil. As sinalizacións de perigo son claramente visíbeis. O hospital máis achegado é o Hospital Virxe da Xunqueira, que se encontra a 19 km, no concello de Cee.

Historia

Nos seus arrecifes afundiron varias naves da Armada Invencíbel na súa viaxe para conquistar Inglaterra en 1596.[Cómpre referencia]

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Praia de rochas · Praia de area branca

Comprimento 300 m

Altitude do ponto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Carnota, a 4,2 km

Habitantes do concelho 3.777 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar