Igreja

Capela de Santa Eufemia de Ambía

Baños de Molgas · Ourense

Capela de Santa Eufemia de Ambía

A capela de Santa Eufemia de Ambía é unha igrexa prerrománica do século X. Pertence á parroquia de Ambía no concello de Baños de Molgas. O muro sur e a fachada leste consérvanse do edificio orixinal. En 1931 a igrexa foi declarada monumento histórico-artístico. == Datación == O arqueólogo e historiador ourensán Juan Carlos Rivas Fernández propuxo a hipótese de que a igrexa é unha reedificación mozárabe de finais do século IX dun templo anterior de época sueva-visigoda, o cal ao mesmo tempo aproveitaría pezas dun primitivo edificio romano. Outros autores, se ben coinciden en datala a finais dos séculos IX ou comezos do X, discrepan en canto ás influencias arquitectónicas que a caracterizan. No ano 2014 atopáronse preto da igrexa dous bloques de pedra con inscricións dedicatorias en que se leron os nomes Salvator e Eufemia. Estes interpretáronse como evidencia de que a igrexa fora consagrada a polo menos tres padróns: San Salvador, Santa María e Santa Eufemia. Nos séculos IX e X era costume consagrar igrexas a varios santos e asignarlles os seus propios altares. == Arquitectura == A capela está construída a partir de bloques de granito de diferentes tamaños, unidos coidadosamente. O interior consta só dunha nave, se ben entre as ábsidas rectangulares aínda se poden ver as particións e os inicios dos arcos de ferradura. A espadana aberta é dun período posterior. As aberturas das xanelas das ábsidas están deseñadas como xanelas xemelgas e teñen a forma de ocos, con arcos de ferradura. No refacho da xanela central xemelga está gravado un corazón, e no traveseiro sobre o soporte central sitúanse dous arcos de ferradura na pedra. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Achim Arbeiter, Sabine Noack-Haley: Hispania antiqua. Christliche Denkmäler des frühen Mittelalters vom 8. bis ins 11. Jahrhundert. Verlag Philipp von Zabern, Mainz 1999, ISBN 3-8053-2312-3, S. 229–230. Jaime Cobreros: Guía del Prerrománico en España. Madrid 2006, ISBN 84-9776-215-0, S. 79. Jacques Fontaine: L’Art Mozarabe. L’Art Préroman Hispanique. Band 2, 2. Auflage, Éditions Zodiaque, Abbaye de la Pierre-Qui-Vire 1995, ISBN 2-7369-0215-7, S. 403–404. Manuel Gómez Moreno: A eirexa de Santa Eufemia d’Ambía. Nós nº 59, 1928, S. 196–198. Sánchez-Pardo, J. C., Blanco-Rotea, R., & Sanjurjo-Sánchez, J. (2017). Tres arquitecturas altomedievales orensanas: Santa Eufemia de Ambía, San Xés de Francelos y San Martiño de Pazó. Arqueología De La Arquitectura, (14), e062.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaSite oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar