Capela

Capela do Carme das Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez · A Coruña · 1738

Capela do Carme das Pontes de García Rodríguez, capela en As Pontes de García Rodríguez

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Capela em As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, a 362 m de altitude, a 231 m de As Pontes de García Rodríguez.

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste. Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume. No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello. A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

Dedicado a Virxe do Carme

Altitude do ponto ≈ 362 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima As Pontes de García Rodríguez, a 231 m

Habitantes do concelho 9.787 (2025) · IGE

Como ir

Endereço Avenida de Ferrol, 15320, As Pontes de García Rodriguez

Ver no mapaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar