Pazo
Casa da Torre
Redondela · Pontevedra
A casa da Torre é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima. == Descrición == A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, cuxo brasón loce na entrada principal do pazo. O estilo do edificio é de tipo renacentista, e na súa fachada érguese unha torre a catro augas que lle dá nome ao pazo. Até o século XIX o pazo aínda contaba cunha estrutura amurallada que o arrodeaba. Está situado na Praza de Ribadavia, e pola súa beira sur discorre o río Alvedosa. Ao longo da historia foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Tamén foi empregada coma sede dunha empresa de autobuses. Na actualidade constitúe o único pazo de titularidade pública do concello, sendo empregado coma o albergue da vila na ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Tamén conta cunha biblioteca, un salón de actos e varias salas de exposicións. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), pp. 192–193. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2. === Outros artigos === Redondela, Redondela === Ligazóns externas === Anecdotario redondelán. Arquitectura Civil. Pazos e outros.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Redondela (A Farola)a 39 mRedondela (A Farola)-Castelo De Soutomaior · A Pena-Redondela (fonte de Santiago) · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Fornelos de Montes-Redondela-Vigo E.I. · Redondela (A Farola)-Redondela (A Farola)
- Redondela (A Farola)a 49 mRedondela (A Farola)-N-550-Rúa Areal · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas) · A Pena-Redondela (Fonte De Santiago) · Caño Sifón (Verducido)-Fornelos de Montes-Redondela-Vigo-Hospital Álvaro Cunqueiro · Redondela (A Farola)-N-550-Vigo(Areal)-Vigo (Bouzas)-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24
- Redondelaa 66 mAmoedo-Redondela · Redondela-Pazos de Borbén · Redondela-Raíns
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.