Castelo

Castelo de Fornelos

Crecente · Pontevedra

Aínda non hai foto de Castelo de Fornelos

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.14720|-8.22972}}

O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada na parroquia de Crecente (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço. == Historia == Estímase que a torre foi levantada xa na época da Antiga Roma e derrubada no século XI, para volver a ser levantada. As primeiras noticias documentais existentes do castelo son de 1158. Foi palco dos combates entre o rei de Galiza Afonso VII e seu curmán Afonso Henriques de Portugal. Sancho I de Portugal fixo doazón deste lugar a dona Aldonza Vázquez de Fornelos e ao seu marido Fernán Pérez de Castro, fundadores da Casa de Fornelos. Entre os personaxes históricos relacionados co castelo están Martín Sánchez, fillo bastardo de Sancho I de Portugal, Xoán de Castro, bispo de Tui, e Álvar Páez de Soutomaior, que naceu nel. En 1467 sufriu o ataque irmandiño durante a Gran Guerra Irmandiña, pero ao rematar a revolta foi de novo levantada por Pedro Madruga, que tivo prisioneiro no castelo ao bispo de Tui, Diego de Muros. Segundo as crónicas, durante o cativeiro a súa saúde sufriu moito, chegando a perder todos os dentes. Unha vez liberado, o bispo organizou un exército co único propósito de derrotar o castelo no que estivera prisioneiro. Porén, a fortificación, só defendida por 15 homes, conseguiu resistir a investida e o sitio realizado polos exércitos do bispo e de García Sarmiento. Nesta batalla faleceu o cabaleiro Francisco López de Avalle. Na segunda metade do século XX o castelo foi desmantelado case por completo para reutilizar a pedra en diversas construcións veciñas. == Características == Do conxunto militar defensivo só se conserva a torre da homenaxe e restos moi danados do recinto murado defensivo e do foso. A torre da homenaxe é de planta rectangular. Ten 19 metros de altura, estruturada en tres andares. O lado oeste mide 11 metros. Entre a vexetación, que cobre case completamente o edificio, poden verse varias seteiras e algunha xanela con arco de volta perfecta. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, R. (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Guías Temáticas Xerais. Xerais. pp. 266–267. ISBN 84-9782-035-5. === Ligazóns externas === Torre de Fornelos na páxina web do concello de Crecente. Ficha en www.castillos.net (en castelán).

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar