Castelo

Castelo de Muras

Muras · Lugo · 506 m

Ainda não há foto de Castelo de Muras

Se tiveres uma, carregue-a para a Wikimedia Commons ↗ com as coordenadas indicadas e chegará sozinha a este mapa e a qualquer outro que use dados abertos. Ou envie-nos.

{{Location|43.46519|-7.72338}}

Construção fortificada em Burgo, Muras, a 506 m de altitude, a 10,6 km de As Pontes de García Rodríguez.

O Castelo de Muras, tamén coñecido como Casa Forte de Muras ou Torre de Muras, foi unha antiga fortaleza medieval militar do século XII situada á beira do río Eume na parroquia do Burgo, no concello de Muras, provincia de Lugo. Hoxe en día atópase en estado de ruína e a súa contorna, na coñecida como Fraga do Castelo, presenta un acceso difícil debido á densa vexetación. Porén, aínda pode apreciarse o perímetro das murallas e do foxo defensivo.

Historia

Crese que foi erixido sobre un primitivo asentamento castrexo. As referencias históricas á fortaleza de Muras son medievais. A documentación citada por diferentes autores sitúa xa no século XII as primeiras noticias relacionadas coa Casa Forte de Muras. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muras, elaborado no ámbito da documentación urbanística da Xunta de Galicia, recolle que os documentos escritos máis antigos sobre o territorio fan referencia á Casa Forte de Muras e identifica o lugar coa actual Fraga do Castelo. O mesmo documento sinala que, segundo o historiador Manuel Murguía, a fortaleza pertencía aos condes de Lemos. A fortaleza aparece documentada de maneira máis precisa no século XIV. Un privilexio concedido en 1368 polo rei Pedro I ao concello de Viveiro, relacionado cos servizos prestados pola vila durante a guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara, menciona entre os dominios da zona as casas-fortes de Muras e Seserit. Esta referencia foi recollida posteriormente por diferentes repertorios sobre as fortalezas de Galicia. A documentación máis concreta sobre a fortaleza procede de 1391. Nese ano, o bispo de Mondoñedo, Francisco, arrendou a Xoán Freire de Andrade a Casa-Torre de Muras, xunto coas súas terras e vasalos. A Casa Forte de Muras aparece así vinculada a varios dos principais grupos nobiliarios que exerceron poder no norte de Galicia durante a Baixa Idade Media. As fontes secundarias relacionan o lugar cos condes de Lemos, coa casa de Andrade e, nalgún momento, co mariscal Pardo de Cela.

Estado

No presente case non quedan estruturas visibles do castelo orixinal, pois parte do seu patrimonio e materiais foron reaproveitados en construcións próximas, como é o caso das casas do lugar de Vilar, a uns 200 m de distancia. Ademais, na antiga Casa Reitoral do Burgo (hoxe de propiedade privada) consérvanse dous escudos procedentes do castelo, e neles pódense identificar as armas dalgunhas familias nobres.

Outros artigos

Lista de monumentos da provincia de Lugo

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Monumento

Proteção Ben de Interese Cultural

Altitude 506 m

Vila mais próxima As Pontes de García Rodríguez, a 10,6 km

Habitantes do concelho 576 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar