Castelo

Castelo de San Sebastián

Vigo · Pontevedra

Castelo de San Sebastián, castelo en Vigo

Foto: Wikimedia Commons · Public domain · ver o ficheiro ↗

Castelo em Vigo, Pontevedra, a 49 m de altitude, a 1,6 km do Caminho Português de Santiago.

O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza do século XVII situada en Vigo.

Historia

Época moderna

O castelo ergueuse ao mesmo tempo que a vila se comezaba a amurallar en 1656 durante o reinado en España de Filipe IV co obxectivo de protexer a Vigo dos ataques de ingleses e portugueses. Galicia quedara hai tempo anexionada a Castela, e Portugal entrou en guerra pola independencia de España, polo que Galicia pasou de irmán a inimigo. No lugar onde se ergue o castelo había unha ermida baixo a advocación de San Sebastián, e a nova muralla cerraría até dita capela, onde ademais se levantaría un forte. Dende o castelo o muro ía deica a Porta do Sol, baixando pola rúa Carral até o peirao da Laxe, seguindo pola beiramar deica O Berbés e subindo de novo pola Rúa Real até a ermida (castelo). Juan de Villarroel y Prado foi quen proxectou os traballos tanto do castelo de San Sebastián coma do Castelo do Castro, situado a uns centos de metros monte arriba. En 1665 Portugal sitiou a vila por seis días; foi cando os enxeñeiros militares Carlos e Fernando de Grunemberg ligaron as dúas fortificacións cun muro, que para 1667 estaría rematado. Porén tanto castelos coma muralla construíronse axiña e con poucos medios. A muralla non tiña foso e os muros non tiñan consistencia, nin revelíns. En 1719 os ingleses invaden Vigo e o castelo ficou en ruínas pasando a utilizarse como corte do gando, defendéndose logo a vila dende o castelo do Castro. Téñense atopado pasadizos e túneles que ligaban os dous castelos entre si e a cidade

Época contemporánea

Xa no século XIX serviu de hospital e sofre algunhas modificación para acoller este uso. Nos anos 20 do século XX, o daquela alcalde Mauro Alonso Giménez-Cuenca considera a recuperación dos dous castelos. O de San Sebastián seguiu coma cuartel militar até 1964, cando pasa a ser propiedade do Concello de Vigo, e grazas aos rexedores Alberto Varela Grandal e despois Xosé Ramón Fontán. No ano 1970 o alcalde Antonio Ramilo Fernández-Areal, por intereses especulativos, decide construír o novo pazo do concello da cidade, até entón situado nun edificio da Praza da Constitución, para o que se derrubaron algúns dos lenzos do muro do castelo. A nova casa do concello foi inaugurada polos Reis de España en 1976 sendo alcalde Joaquín García Picher. En 1983 considerouse o derrubamento da parte do castelo aínda en pé, así como da Ponte de Castrelos, finalmente, porén, non se executou. Nos anos 90 remodelouse a Praza do Rei que aínda degradou máis a contorna do castelo.

Outros artigos

Fortaleza do Castro Reconquista de Vigo Historia de Vigo

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Fortificação defensiva

Estilo Arquitectura renacentista

Proteção Ben de Interese Cultural

Altitude do ponto ≈ 49 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Vigo, a 182 m

Caminho de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,6 km

Habitantes do concelho 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar