Castelo
Castelo dos Novais
Quiroga · Lugo

O castelo dos Novais é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sequeiros (Quiroga). == Descrición == A súa construción iniciouse cara ao século X, aproveitando posiblemente unha fortificación anterior. O castelo aproveita as ladeiras empinadas do monte do Castelo, rodeado dos vales do río do Castelo das Eiras e do río Sil, a carón da estrada N-120. Na parte exterior conserva os muros, foxos e defensas. No interior mantén a torre da homenaxe, a parte máis antiga do conxunto. Ten planta cadrada, cunha porta con bóveda de medio punto cara ao sur. Esta porta é de pedra cabaleira, dunha cor loura intensa por mor do alto nivel de oxidación do ferro que contén. O pazo, do século XI, é de planta trapezoidal e foi construído polos Cabaleiros de San Xoán de Malta. Na entrada, tamén de arco de medio punto, hai unha Cruz de Malta gravada. Ten tamén unha ventá aximezada. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castelos de Galicia
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Os Novaisa 129 mViloira-O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I. · O Barco de Valdeorras E.A.-Ourense E.I. · Quiroga-Os Anguieiros
- Caspedro (N-120)a 905 mQuiroga-Os Anguieiros · Quiroga-Os Anguieiros
- A Barca do Castelo (bodegas Val de Quiroga)a 972 mQuiroga-Os Anguieiros · Quiroga-Os Anguieiros
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.