Castro
Castro da Peneda
Soutomaior · Pontevedra
O Castro da Peneda é un sitio arqueolóxico como resultado do asentamento da cultura castrexa en Galicia. Está situado na parroquia redondelá do Viso. O estado de conservación é ruinoso. Apenas se atopan restos da súa muralla e de tres vivendas circulares. Posteriormente na localización do castro construíronse outros edificios como o castelo de Castrizán, do que hoxe só se conservan restos da muralla; ou a capela da Virxe das Neves, que se conserva relativamente ben. == Descrición == A muralla arrodea o castro percorre paralela á estrada que sube ao monte da Peneda. Da muralla apenas se conservan algúns tramos e está formada por pedras de orixe granítica. Consta de dúas fileiras de pedras de gran tamaño e separadas por uns centímetros entre si. Entre ambas filas está recheo de pedras menores e terra. Ademais da muralla, consérvanse tres vivendas circulares de 3,30, 3,60 e 4,60 metros de diámetro. Tamén, por último, consérvanse restos do que puido ter sido unha mina. == Obxectos == No Museo de Pontevedra exhíbense diversos obxectos atopados en escavacións do castro. Entre elas destacan un caldeiro de bronce e varios utensilios de cociña (coitelos, alfinetes, fibelas), machadas, muíños e varios obxectos de cerámica. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castros de Galicia Cultura castrexa
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- O VISOa 468 mCEIP Manuel Padín Truiteiro-O Viso · CEIP Manuel Padín Truiteiro-O Viso
- Alxána 474 mAvda. Ernestina Otero 24-Castelo de Soutomaior
- Alxána 488 mRedondela (A Farola)-Castelo De Soutomaior
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.