Castro

Castro das Grobas

Ribadeo · Lugo

Castro das Grobas

O castro das Grobas é un castro situado na parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Está incluído no Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural co número GA27051007. == Morfoloxía == O castro, litoral, ten unha forma circular ben definida, cunhas dimensións máximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo máis de dúas hectáreas e media, ó sur da insua de Vilaselán (Penedo da Ínsua). Suponse que a insua veciña ten algo que ver co castro, pois apareceron alí restos arqueolóxicos como cerámicas. Distínguense tres foxos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10 m, separados por parapetos. Asemade, hai indicios dun antecastro, protexido por outro foxo. Non se aprecian destrucións nin alteracións. Na actualidade o castro forma parte dun terreo comunal creado a resultas da concentración parcelaria en Vilaselán, Ribadeo. A datación abrangue dende a época castrexa do ferro a finais da conquista romana. == Datación == Está adscrito á idade de ferro romana e atópase no lugar coñecido como O Morgullón. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa === Ligazóns externas === Artigo sobre o castro Presentación sobre o castro

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar