Castro
Castro de Angrois
O Eixo · Santiago de Compostela · A Coruña
Foto: Lua Galega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Povoado fortificado em Sar, Santiago de Compostela, a 247 m de altitude, a 166 m do Camiño Xabrés.
O castro de Angrois é un poboado fortificado situado en Angrois, parroquia de Sar, no concello de Santiago de Compostela. Tamén é coñecido co nome de castro de Santa Lucía. O seu código de catalogación na Dirección Xeral de Patrimonio é GA15078042. Está localizado no cumio dun outeiro, cunhas pendentes moi pronunciadas polo leste, oeste e sur e moito máis suaves polo norte. Isto orixina unhas defensas naturais notables, sendo a zona norte a máis vulnerable e o posible acceso. Aínda que no pasado parte do outeiro tivo unha explotación agrícola máis intensa, en tempos recentes é terreo de monte sendo a vexetación principal de toxos. É de propiedade particular e de varios propietarios distintos.[Cómpre referencia] Este castro ten un recinto central ao que se une un socalco setentrional. Este recinto, coñecido como a croa do castro, sitúase na parte máis alta do outeiro. Nesta zona aparecen numerosos afloramentos de rocha, polo que a potencia estratigráfica debe de ser escasa. Non ten estruturas defensivas visibles polos lados meridional, oriental e occidental, seguramente porque non o precisa. Porén, polo norte ten un terraplén bastante pronunciado que illa a croa do socalco inferior. Este socalco é bastante amplo e ten unha rampla de acceso frontal na liña defensiva do socalco exterior e na croa.[Cómpre referencia] O castro está fortemente rebaixado na zona sur por unha antiga canteira explotada principalmente para a construción da estrada N-525, mentres que a ladeira norte foi case totalmente destruída polas obras da autoestrada AP-9. Os traballos arqueolóxicos realizados ata o momento son, en xeral, escavacións e sondaxes de pequena extensión no contexto de traballos de control de obras públicas. Por exemplo, nos traballos da autoestrada fixéronse sondaxes para comprobar a calidade do material básico e a potencia estratigráfica do solo. Atopáronse materiais como tellas romanas, cerámica lisa de cor rosáceo e escoura de fundición. Durante as escavación no ano 2008 para a construción do AVE, encontráronse restos dunhas murallas cara a zona norte.[Cómpre referencia] Hai outro castro nas súas proximidades, o castro do Coto, situado no monte do Coto, na parroquia de Santa María de Marrozos.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
Também chamado O Castro
Altitude do ponto ≈ 247 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Os Tilos, a 1,5 km
Caminho de Santiago Camiño Xabrés, a 166 m
Habitantes do concelho 100.842 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- O Castiñeiriño (Virxe de Fátima)a 623 mSantiago E.I. -Laraño-Vedra (colexio) · Santiago E.I. -Penelas-Cibrán 1-S. X.De Sales-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Sarandón (cruzamento) · A Ponte Ulla-Santiago E.I. · Santiago E.I.-Merín · Santiago E.I.-Trobe
- Santa Lucíaa 649 mBeseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I. · Beseño (igrexa)-Castiñeiriño-Santiago E.I.
- O Castiñeiriño (Virxe de Fátima)a 652 mSantiago E.I. -Laraño-Vedra (colexio) · Santiago E.I.-Sarandón (cruzamento) · Ponte Ledesma-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I. · A Ponte Ulla-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I.
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral
Colegiada de Santa Maria de SarCatedral
Paço de São Lourenço de TrasoutoMosteiro
Convento de São Paio de AntealtaresMosteiro
Mosteiro de São Martinho PinárioMosteiro
Convento de São Francisco do Val de DeusMosteiro
Pazo do EspiñoPaço
Pazo dos Condes de XimondePaço