Castro

Castro de Areosa-Xuanzo

Abegondo · A Coruña

O castro de Areosa-Xuanzo é un castro situado no lugar da Areosa na parroquia de Cullergondo, no concello coruñés de Abegondo. Foi achado na elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo por referencias toponímicas e pola posterior exploración do lugar. == Morfoloxía == O castro é un amplo recinto curcular nun esporón en fronte ao rego do Corveiro. A morfoloxía non está determinada, mais hai restos de muralla e muros de cachote de certa altura no sector suroeste, posibles zonas de acceso ao castro desde o exterior. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar