Castro

Castro de Lobadiz

Ferrol · A Coruña

Castro de Lobadiz

O castro de Lobadiz é un castro costeiro fortificado, situado nunha península na parroquia de San Xurxo da Mariña, Ferrol. == Descrición == O castro ten defensas concéntricas, cun foxo no medio; formando polo leste, sobre o istmo, un arco duns 150 metros, onde está situada a entrada actual. Da terceira liña defensiva exterior só se conservan uns metros. O resto do perímetro da península está defendido por cantís. A península mide 180 metros de N-S e outros 160 metros de L-O. No castro había un torreón xa desaparecido, pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular e con ángulos redondeados. En varias escavacións, nos anos 70, atopáronse restos de cerámica, lousas e muíños de man. Moi preto do castro hai unha fonte e unha praia protexida. Nas illas Gabeiras, situadas fronte ao castro, téñense atopado restos de cerámica. O actual castro está abandonado, sobre el construíuse un faro e acceso para vehículos, tamén houbo un posto de vixilancia do exército agora en ruínas. No mapa da Coruña de Francisco Coello, de 1865, a península na que está o castro recibe o nome de Punta Gabeiras ou de Levadizo. == Mitos e lendas == No libro Laia, a nena da Illa, de Ánxela Loureiro, fálase deste castro e dos seus poboadores. A protagonista da obra, unha rapaza chamada Laia, vive diversas aventuras en relación co castro, os seus habitantes e mesmo as tropas romanas. Conta unha lenda, tamén relatada no libro, que nas proximidades do castro (e non no seu interior, como é habitual) foron atopadas, por un labrego de Valón, alfaias clasificadas por especialistas como xoias castrexas. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro === Ligazóns externas === Castro de Lobadiz (en castelán). 02 ARQUEOLOXÍA NA TERRA DE TRASANCOS.flv video 13min18seg. (Castro de Lobadiz do 3min45seg ao 7min40seg.)

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar