Castro
Castro de Nostián
A Coruña
O castro de Nostián é un poboado pertencente á cultura castrexa situado no lugar de Nostián, preto da refinaría da Coruña. == Historia == Realizáronse nel unha serie de sondaxes ou catas na década de 1970, dirixidas por C. Alonso del Real y Ramos e José Manuel Vázquez Varela. No ano 2002, e grazas a un convenio entre o concello da Coruña e Repsol (empresa propietaria dos terreos nos que se atopa o castro), procedeuse ó acondicionamento da zona. Os traballos consistiron na roza da maleza e a limpeza da superficie do castro, así como a consolidación dos restos de dúas vivendas castrexas que foran exhumadas en 1970 e estaban desde entón no abandono. == Véxase tamén == === Bibliografía === Juan Ramón Vidal Romaní, José Manuel Vázquez Varela: Prospecciones arqueológicas en el caso de Nostián: estudio petrológico (en Actas de las I Jornadas de Metodología Aplicada de las Ciencias Históricas, Vol. 1), 1975, ISBN 84-600-1820-2, páxs. 59-64.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Meicende (cruzamento con butano)a 995 mA Barcala-Arteixo (por polígonos) · ARTEIXO: Meicende-Meicende · ARTEIXO: Meicende-Meicende
- TRAVESÍA MEICENDE BUTANOa 996 mArteixo: Rañobre-Oficina Turismo
- Meicende (cruzamento con butano)a 1.0 kmA Barcala-Arteixo (por polígonos) · ARTEIXO: Meicende-Meicende
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.