Castro
Castro de Ricos
Mesía · A Coruña
O Castro de Ricos, Castro de Vilanova ou Castro de Medorra é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Visantoña, (Mesía). == Morfoloxía == O castro é un amplo recinto de forma circular con moitas irregularidades no seu trazado. Está totalmente rodeado por un parapeto, que acada na súa parte máis alta uns 3 metros. No sector setentrional ten dúas entradas: unha estreita, de orixe recente, e outra que podería ser a orixinaria. Na zona meridional foi destruída boa parte do parapeto e alí apréciase que foi construído de terra. Hai referencia de achados de muíños circulares. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar. == Conservación == A titularidade está en mans privadas. A destrución do parapeto foi froito da concentración parcelaria, logo dunha distribución de terras. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- OS RICOSa 150 mA Tarroeira-Gosende · A Tarroeira-Gosende · Teatro Colón-Pravio-Montouto-Mesía · Teatro Colón-Pravio-Montouto-Mesía · Centro Saúde Xanceda - Fraga Do Rei
- Os Ricosa 153 mBoimorto - Mesía - Ordes - Fosado
- Os Ricosa 156 mBoimorto - Mesía - Ordes - Fosado
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.