Castro
Castro de San Román
A Laracha · A Coruña
O castro de San Román é un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado cun parapeto moi alterado, dunha altura exterior de arredor de metro e medio. Na parte sur hai unha zona aterrazada, posiblemente un antecastro. A instalación de torres de telefonía, edificios de recente construción, canteiras e camiños alteraron gravemente a estrutura. O conxunto ten planta sensiblemente circular, cuns 180 metros de diámetro máximo. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- A Lagarteira-Cabovilañoa 269 mCentro Saude Laracha-Grixario · Centro saúde Laracha-S. Roman-Grixario · Centro Saude Laracha-Grixario
- DOLDANa 435 mCentro saúde Laracha-S. Roman-Grixario
- SANDEa 551 mCentro Saude Laracha-Grixario · Centro Saude Laracha-Grixario
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.