Castro
Castro de Zoñán
Mondoñedo · Lugo

O Castro de Zoñán ou A Croa de Zoñán é un castro situado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo. As datas de ocupación do mesmo, segundo a cultura material atopada, móvense entre os séculos II e IV d. C., pero segundo os resultados das análises de carbono-14 os inicios do mesmo situaríanse en datas antes de Cristo. Lévase escavando dende o ano 2002 e téñense recuperado diversas vivendas e restos de cultura material. No ano 2004 colocáronse dúas mesas interpretativas para poder facer unha visita libre ao castro. No ano 2007 o Concello de Mondoñedo editou o libro O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) Campañas 2002-2004, que recolle os traballos e conclusións das tres primeiras campañas: 2002, 2003 e 2004. == Véxase tamén == === Bibliografía === Vigo García, A. (2007). O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo). Concello de Mondoñedo. === Outros artigos === Cultura castrexa Castros de Galicia === Ligazóns externas === "Castro de Zoñán". Concello de Mondoñedo.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Ao lado deste lugar
- Catedral de MondoñedoCatedral
- Mosteiro dos PicosMosteiro
- Salto do CoroQueda de água
- Cova do Rei CintoloCaverna
- Ponte do PasatempoPonte
- Santuario da Nosa Señora dos RemediosIgreja
- Museo Diocesano e Catedralicio de MondoñedoMuseu
- Conjunto Histórico Artístico Casco Antiguo de MondoñedoConjunto Histórico-Artístico