Castro
Castro do Achadizo
Boiro · A Coruña

O castro do Achadizo é un poboado castrexo fortificado da Idade de Ferro. Localízase na parroquia de Castro, no concello de Boiro. Estivo habitado principalmente entre os séculos VI e II a. C.. == Morfoloxía == Pertence ao tipo de castros denominados "costeiros". A súa aparencia está moi desfigurada polo barrio construído sobre gran parte do depósito. As escavacións realizadas nel sacaron á luz varias estruturas arquitectónicas de carácter habitacional e restos da muralla pétrea, así como varios vertedoiros. Estes vestixios foron consolidados, sinalizados e integrados nunha área pública de esparexemento. En 1991 o alumnado de 4º de EXB do CEIP Santa María do Castro, investigando as orixes da súa parroquia na clase de coñecemento do medio, chegou ao centro cunhas "tellas". Segundo eles, atopáranas no lugar onde xogaban ao peletre, preto do club de remo, no peirao. Unha vez visto o material, o profesorado, dubidando de se trataría de auténticas pezas arqueolóxicas, informa á administración e a Consellería de Cultura e Xuventude realiza as escavacións. Estas foron dirixidas polo arqueólogo Anxo Concheiro. Participaron no proceso da descuberta Pilar Rama López, Manuela Mato Porto, Xáquin Fernández Toucedo e o alumnado de 4º. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === O castro do achadizo imaxes e máis información.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- A Pesqueiraa 110 mEscarabote (Pontellón)-Boiro-Cabo de Cruz
- A Pesqueiraa 118 mEscarabote (Pontellón)-Boiro-Cabo de Cruz · Escarabote (Pontellón)-Boiro-Espiñeira-Cabo de Cruz · Boiro (Cachada)-Cabo de Cruz
- Cabo de Cruz (Mavi)a 210 mEscarabote (Pontellón)-Boiro-Cabo de Cruz · Boiro (Cachada)-Chazo-Cabo de Cruz · Escarabote (Pontellón)-Boiro-Espiñeira-Cabo de Cruz · Pontellón-Boiro-Espiñeira-Chazo-Cabo de Cruz · Boiro (Cachada)-Cabo de Cruz
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.