Castro

Castromiñán

Sardiñeiro · Fisterra · A Coruña

Castromiñán, castro en Fisterra

Foto: AArizaga · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Povoado fortificado em Sardiñeiro, Fisterra, a 37 m de altitude, a 88 m do O Camiño dos Faros.

Castromiñán, tamén denominado Castro de Castromiñán ou Torre do Castelo, é un poboado castrexo costeiro, na Costa da Morte, probablemente datado na Idade de Ferro tendo en conta a súa tipoloxía, aínda que nunca foi obxecto de escavacións arqueolóxicas científicas. Foi orixe da liñaxe familiar de Luís de Camões.

Descrición

O castro está situado nun promontorio costeiro defendido por, cando menos, dúas liñas de muralla, moi visibles en superficie. O espazo interior é extraordinariamente reducido: nel poden albiscarse algunhas outras estruturas de terra e pedras, a modo de hipotética "atalaia". Na contorna existen varios mananciais de auga.

Figuras legais de protección

Castromiñán pertence ó ámbito da Rede Natura. Así mesmo, os cantís de Castromiñán e Denle están considerados espazos de interese paisaxístico no Plan de Ordenación do Litoral. A lexislación urbanística protexe este lugar, dado que está incluído nas normas subsidiarias provinciais do ano 1996. Ademais, está incluído no arquivo arqueolóxico da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia co código GA15037001.

Sucesos

Este lugar foi escenario do accidente do Cason, o barco de bandeira panameña que varou preto da Punta do Castelo no ano 1987, no que finaron 22 dos seus tripulantes, todos eles de nacionalidade chinesa.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

Época Pré-histórica

Estado En ruínas

Altitude do ponto ≈ 37 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Corcubión, a 7,3 km

Rota que passa perto O Camiño dos Faros, a 88 m

Habitantes do concelho 4.690 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar