Museu

Centro de Interpretação das Torres Arquiepiscopais (CITA)

Pontevedra · 2010

Centro de Interpretação das Torres Arquiepiscopais (CITA)

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) é un museo de Pontevedra, creado en 2010 no antigo foso das Torres Arcebispais do casco antigo. O museo céntrase na interpretación do que foi un dos monumentos e estruturas defensivas máis importantes da cidade, as Torres Arcebispais, que formaban parte das Murallas de Pontevedra. == Historia == Durante as escavacións arqueolóxicas previas á reurbanización da avenida de Santa María, iniciadas en 2008, descubríronse muros ben conservados que formaban o foso defensivo da antiga fortaleza medieval dos arcebispos de Santiago de Compostela na cidade, construída no século XII e demolida a finais do século XIX. O concello decidiu construír un museo subterráneo, xa que o achado estaba a uns 5 metros por baixo do nivel actual da rúa. O museo recibiu o nome de CITA e inaugurouse o 13 de agosto de 2010. === As Torres Arcebispais === As primeiras construcións datan de 1180. Fernando II doou a cidade e a fortaleza ao Arcebispado de Santiago de Compostela. Durante a Idade Media, o número de edificios aumentou. Así, construíuse unha gran fortaleza fronte ao mar cun gran foso defensivo e a súa ponte levadiza no lado oposto. En 1226 a edificación das Torres Arcebispais tivo como fin defender o porto mercador. Esta fortaleza era a residencia dos arcebispos de Santiago de Compostela cando visitaban Pontevedra e dos reis de Portugal. Constaba de dúas grandes torres, unha delas con ameas, e un terceiro corpo no que predominaban as grandes estancias. No seu soto atopábase a prisión arzobispal. A fortaleza sufriu os seus primeiros danos entre 1474 e 1477 como consecuencia da guerra entre Alonso II de Fonseca, arcebispo de Santiago de Compostela, e Pedro Álvarez de Sotomayor, máis coñecido como Pedro Madruga. En 1719, a fortaleza foi case destruída polos ingleses durante o seu ataque a Pontevedra, deixando só a gran Torre da Homenaxe, que posteriormente se converteu na prisión da cidade. En 1872 e 1873, nun consello celebrado para tratar de abrir novos espazos na cidade, as autoridades decidiron demoler as murallas e torres que aínda quedaban en pé. Os restos do palacio arzobispal foron demolidos en 1873. == Descrición == O museo está xestionado polo concello e ocupa unha superficie de 715 metros cadrados. Nos laterais do museo, os muros interiores e exteriores da fortaleza preséntanse en calculada escuridade. A estrutura inclúe os piares dunha ponte levadiza para acceder á fortaleza e aos restos arqueolóxicos. O CITA só ten un punto de acceso na superficie, en forma de entrada de metro acristalada. === Exposicións === O museo está divido en tres partes: Na entrada, pantallas táctiles ofrecen información sobre a fortaleza medieval e da época moderna de Pontevedra, así como sobre a construción do palacio-fortaleza, que se reconstruíu nunha maqueta táctil. A parte central está dedicada á posta en valor da escarpa e a contraescarpa e os elementos defensivos do edificio. Nesta parte móstranse pantallas interactivas con mapas da cidade e da ponte levadiza e algunhas bólas de pedra de catapulta e pezas de cerámica atopadas nas escavacións. Recréase un mapa da cidade no século XV tras o cal se pode ver o foso coa escarpa do palacio do século XVI e a contraescarpa exterior, así como os piares que sostiñan a ponte levadiza do século XII. Por último, no fondo do museo, proxéctase un audiovisual tridimensional. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 536. ISBN 9788484573272. Nadal, Paco (2012). Rías Baixas. Escapadas (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 39. ISBN 978-8403501089. === Outros artigos === Museo de Pontevedra Museos de Galicia === Ligazóns externas === Páxina web Oficial do museo O CITA na web de Turismo Rias Baixas Arquivado 03 de novembro de 2022 en Wayback Machine. O CITA na web Visit-Pontevedra Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar