Casa da cultura
Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López
Paradela · Lugo · 2001
.jpg?width=640)
O Centro socio-cultural Manuel Rodríguez López é un centro con facilidades bibliotecarias e informáticas e espazo social para uso da comunidade situado en Paradela. Está adicado ó poeta, escritor e cronista Manuel Rodríguez López, para o uso da comunidade, e nel celébrase anualmente o Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López.
Historia
O centro inaugurouno en 2001 Manuel Fraga Iribarne. A este novo edificio foi onde se trasladou a antiga Casa de Cultura de Paradela adicada a Manuel Rodríguez López, inaugurada no 1990. Dende 1995 lévase celebrando alí o certame que chegou á décimo sétima edición no 2012. A entrega de premios celébrase anualmente en decembro.
Descrición
O centro ten unha biblioteca sita no último piso, que se usa como biblioteca de Paradela. Tamén ten un auditorio onde se celebran ocasións de importancia no concello de Paradela. O centro tamén contén unha sala con ordenadores que pode usar o público, e que se pode usar como un lugar social, con xornais, naipes etc.
Outros artigos
Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- PACIOS (PARADELA)a 38 mSarria E.A.-Hospital HULA · SARRIA E.A.-HOSPITAL HULA · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Pedrafita do Cebreiro-Santiago E.I. · Sarria E.A.-Palas de Rei · SARRIA E.A.-PALAS DE REI
- PARADELA (ENLACE)a 48 mIES Gregorio Fernández-Paradela (enlace) · IES Gregorio Fernández-Paradela (enlace) · Paradela (enlace)-Vilachá II · Paradela (enlace)-Vilachá II
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Igrexa de San Pedro de BaránIgreja
- Igrexa de San Mamede de CastroIgreja
- Igrexa de Santa María de FerreirosIgreja
- Igrexa de Santalla de ParadelaIgreja
- Igrexa de San Miguel de ParadelaIgreja
- Igrexa de San Vicente de ParadelaIgreja
- Igrexa de San Lourenzo de SuarIgreja
- Igrexa de Santa María de VilaragunteIgreja