Cruzeiro

Cruceiro da Santísima Trindade

Baiona · Pontevedra · 1500

Cruceiro da Santísima Trindade

O cruceiro da Santísima Trindade é un cruceiro do século XV situado na vila de Baiona. == Características == Atópase sobre unhas rochas, e é un dos poucos de Galicia que está cuberto por un baldaquino. Este é de estilo renacentista en forma de pirámide sostida sobre unhas columnas, rematadas en forma de pináculos cilíndricos con coroa cónica. O cruceiro é de estilo gótico coa imaxe de Xesús Cristo e, ós seus pés, a Virxe María, María Madalena e Santiago o Maior. Atópase na calzada romana, posteriormente chamada Estrada Real. Foi realizado en granito, e conta cunha grande lousa de 1,12 m situada a 1 m de altura sobre o piso que servía de altar para celebrar misa en tempos de peste para os habitantes do Val Miñor e para as tripulacións dos navíos fondeados na baía de Baiona. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Castelao (1950): As cruces de pedra na Galiza ([1] Museo de Pontevedra). Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Fundación Pedro Barrié de la Maza, ed. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña. p. 57. ISBN 84-85728-62-9. === Outros artigos === Igrexa de Santa María de Baiona === Ligazóns externas === Cruceiro da Santísima Trindade en Turgalicia.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar