Área protegida

Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós

O Hospital · Quiroga · Lugo · 2012

Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, área protegida en Quiroga

Foto: Miguel Branco · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Área protegida em O Hospital (Quiroga, Lugo), a 733 m de altitude, a 7,1 km de Quiroga.

O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero. Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola (O Hospital) e Leixazós (Pacios da Serra). É ademais un lugar de interese xeolóxico e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.

Descrición

Consiste nun gran dobramento que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitado, é un pregamento tombado, e cunha orientación cara ao norte. A súa zona central non mostra case modificacións desde a súa formación e ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo, ocupando a posición máis setentrional. O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado.

Lexislación

Este espazo de interese xeolóxico foi declarado como monumento natural en 2012 e atópase dentro do ZEC "Ancares-Courel". Está catalogado como lugar de interese xeolóxico español desde 1983 e como Geosite desde 2011. Está incluído dentro do Xeoparque das Montañas do Courel, declarado en 2019 pola UNESCO.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Monumento Natural de España · Lugar de interese xeolóxico

Extensão 90 m²

Altitude do ponto ≈ 733 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Quiroga, a 7,1 km

Habitantes do concelho 3.035 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar