Farol
Faro de Punta Nariga
Barizo · Malpica de Bergantiños · A Coruña · 1998
Foto: Mussklprozz · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Farol em Malpica de Bergantiños, a 13 m de altitude, a 82 m do O Camiño dos Faros.
O faro de Punta Nariga é un faro situado en Malpica de Bergantiños, construído en 1998. Ten un alcance de 22 millas náuticas e é de luz branca sobre unha torre cilíndrica de cantaría e de 39 metros de altura. O cilindro da torre está construído con granito do Porriño. Está situado entre a punta do Roncudo (ao suroeste) e as illas Sisargas e o cabo de Santo Hadrián (ao nordeste). Foi construído en base ao deseño do arquitecto César Portela. A súa forma triangular divide os seus vértices facendo que cada un deles cobre particular significado. O nordés penetra na rocha coma se formase parte dela, mentres que o sueste se asemella ao baluarte dunha fortaleza. O orientado ao oeste, preséntase como a proa dun barco que suca as augas, coroado por unha escultura de bronce. Trátase dunha particular estatua do artista Manolo Coia, tallada en 1994, cuxa figura se debate entre o humano e a forma dunha gaivota como unha ave a piques de voar.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Faro
A sua luz grupo de 3+1 escintileos cada 20 s · luz branca · alcance 22 millas · 55 m sobre o mar
Altura 39 m
Altitude do ponto ≈ 13 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Malpica, a 8,1 km
Rota que passa perto O Camiño dos Faros, a 82 m
Habitantes do concelho 5.247 (2025) · IGE
Segundo US NGA Pub. 113. 2011-10-20.
Como ir
Endereço 15113, Malpica de Bergantiños