Festa gastronómica

Festa do requeixo da Corredoira

Cerdedo Cotobade · Pontevedra · 1980

Festa do requeixo da Corredoira

A festa do requeixo da Corredoira é unha festa gastronómica que ten lugar na Corredoira (Cerdedo Cotobade) para exaltar o requeixo. Celébrase desde 1980 a medidados de xuño, coincidindo coas festas de Santo Antón (13 de xuño) e Santa Bárbara. == Características == A Corredoira é unha parroquia de media montaña, con gando vacún alimentado de pastos. O requeixo faise deixando callar o leite durante 24 e 36 horas. Despois dáselle forma deixándoo dous días nun recipiente cilíndrico de 12 cm de diámetro e 35 cm de altura, con buratos polos que vai soltando o soro. Cando está o suficientemente sólido retírase, para comelo en fresco con azucre, mel ou froitos secos. Tamén se toma regado con viño ou con brandy.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar